Episodi

  • Boletín informativo ambiental 22/10/2026
    Oct 22 2026
    ADEGA acode á Valedora do Pobo pola proliferación ilegal e incontrolada de eucalipto favorecida pola neglixencia da Xunta. Unha mudanza da administración galega na Lei Urbanística podería facilitar a instalación da macrocelulosa de Altri na Ulloa. Centos de persoas voluntarias retiran 1 tonelada de lixo no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordou a paralización cautelar do parque eólico Estivada, promovido nos concellos de Agolada e Antas de Ulla. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 16/10/2026
    Oct 15 2026
    Unha nova campaña #TiPodesParalos procura fondos para frear nos tribunais unha liña de alta tensión que ameaza o patrimonio natural e cultural das bestas de Sabucedo. E en Lugo, ADEGA emprende a loita xudicial contra o desenvolvemento do Plan Parcial S5-I, que contempla urbanizar as nacentes do río Rato. A Comisión Europea outorga carácter estratéxico ao proxecto de mina de Cobre San Rafael nos concellos de Touro e O Pino, malia o rexeitamento veciñal e ecoloxista... E Altri agarda pola vitoria de Feijóo para se instalar na Ulloa. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 09/10/2026
    Oct 8 2026
    ADEGA solicita para usos ambientais os 75.000 l/s que pretenden bombear Iberdrola e Naturgy na Ribeira Sacra. Máis de 900 participantes retiran 13 toneladas de lixo no marco da XIX Limpeza Simultánea de Ríos impulsada polo Proxecto Ríos. A Alianza Rural insta a mudar o Plano Forestal para acadar unha lei eficaz contra os incendios. Estas e outras novas da semana, en Radio Cerna! Tracks: Route 66 / Mechanical Music by https://www.fiftysounds.com
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 02/10/2026
    Oct 1 2026
    Unha ducia de entidades esixiron esta semana á Xunta información e explicacións sobre a recente ampliación da represa de Cabanelas, afluente do Umia. Ao tempo, ADEGA reclama que o Observatorio Galego da Biodiversidade emita un pronunciamento favorable sobre a solicitude para incluír o salmón atlántico galego no Catálogo Galego de Especies Ameazadas coa categoría de "En perigo de extinción". Máis de 75 limpezas simultáneas de ríos terán lugar esta fin de semana en medio cento de concellos de toda Galiza, organizadas por ADEGA e Proxecto Ríos en colaboración con multitude de colectivos, concellos e centros de ensino. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Tracks: Route 66 / Mechanical Music by https://www.fiftysounds.com
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 24/09/2026
    Sep 24 2026
    Un informe interno da Xunta recoñece "riscos irreversíbeis" na ría de Arousa derivados da mina de cobre de Touro e O Pino. E na Limia, a Xunta recoñece tamén agora que a contaminación das augas ten unha orixe “significativamente agraria” e prohibe novas explotacións gandeiras intensivas e ampliacións das xa existentes na comarca. Varias entidades ecoloxistas piden á Xunta apoiar a catalogación do salmón atlántico como “En perigo de extinción” no conxunto do Estado, despois de que o Comité Científico validase a proposta para incluír a especie no Catálogo Español de Especies Ameazadas. O Concello de Muros paralizou cautelarmente unhas obras na zona intermareal de Punta Abelleira tras a denuncia de ADEGA, ao comprobar que non contaban coas autorizacións pertinentes. Todo isto e máis, en Radio Cerna! Tracks: Route 66 / Mechanical Music by https://www.fiftysounds.com
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 18/09/2026
    Sep 17 2026
    O lume volve ao Courel. Un incendio en Quiroga arrasou máis de 420 hectáreas e pon en alerta varias aldeas. A rotura dunha foxa de xurro con máis dun millón de litros en Tordoia causa unha vertedura na contorna do río Bustelo. E o pasado domingo, arredor dun cento de persoas concentráronse en Ribadumia para reclamar a demolición da represa de Cabanelas, no río Umia, e defender o seu funcionamento natural. Cúmprense 30 anos do derrube do vertedoiro de Bens, na Coruña, unha catástrofe na que unhas 200.000 toneladas de lixo se desprazaron pola ladeira do monte até chegar ao mar. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 11/09/2026
    Sep 10 2026
    Ons non é illa para especies en perigo. Nova agresión ao patrimonio natural galego: exemplares da xesta de Ons, unha especie en perigo de extinción, foron eliminados durante labores de roza dos camiños na illa. Na outra cara da moeda, as 500 árbores plantadas por voluntariado de ADEGA nos montes queimados de Valdeorras medran en boas condicións. Un ano despois dos graves incendios forestais que arrasaron os montes da comarca, a vida ábrese paso neles. Ademais, ADEGA-Lugo reafirma o seu compromiso histórico coa defensa do territorio fronte á especulación urbanística de Barreiros. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 04/09/2026
    Sep 4 2026
    Neste programa de Radio Cerna abordamos a situación de seca que enfronta Galiza e a intención da Xunta de estudar a creación de novos encoros. Fronte a esta proposta, ADEGA demanda medidas que fomenten unha nova cultura da auga, baseada no aforro e no combate ao desbaldimento. En Castroverde, ADEGA denuncia tamén o recheo dunha zona húmida por parte dunha explotación gandeira. En materia eólica, outro proxecto continúa coa súa tramitación a pesar de ser paralizado cautelarmente polo TSXG. E rematamos en Ons: a Xunta está a converter o Parque Nacional das Illas Atlánticas nun resort turístico. É a denuncia de ADEGA e outros colectivos ante as obras de “acondicionamento” desenvolvidas en varios espazos.
    Mostra di più Mostra meno
    10 min