Podcast Radio Cerna copertina

Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Di: Radio Cerna
Ascolta gratuitamente

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.© 2026 Radio Cerna Scienza
  • Boletín informativo ambiental 26/06/2026
    Jun 25 2026
    Adiántase a tempada de incendios: no que vai de ano arderon oficialmente arredor de 1.700 hectáreas. En Ourense, as consecuencias dos grandes lumes do verán pasado están a facerse visibles agora coas fortes tormentas e riadas rexistradas nas últimas semanas. En materia eólica, ADEGA e a CIG ampliaron a denuncia presentada ante a Fiscalía por un presunto delito de prevaricación relacionado cos cambios ordenados no TSXG. A noite de San Xoán deixa unha imaxe máis limpa ca anos anteriores nas praias galegas. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 18/06/26
    Jun 18 2026
    Novo revés xudicial para a Xunta de Galiza na súa política sobre o lobo: desproxeter esta especie podería ser anticonstitucional. A polémica arredor da xestión dos litixios eólicos no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza continúa medrando; e tamén en materia eólica, a Xunta emitiu unha declaración de impacto ambiental desfavorable para o parque eólico Navallos, promovido nos concellos de Castroverde e Baralla. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resta importancia ás advertencias do Icomos sobre os impactos da mina de Touro no Camiño de Santiago. Milleiros de persoas mobilizáronse este domingo na Illa de Arousa para reclamar á Xunta a paralización definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro-O Pino. Toda isto e máis, en Radio Cerna!
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 12/06/2025
    Jun 11 2026
    Unha mobilización percorrerá o mar e a terra da Illa de Arousa este domingo para esixir a denegación definitiva dos proxectos de Altri e da mina de Touro_O Pino. ADEGA denuncia a destrución dunha zona dunar da praia do Róbalo, en Aguiño, en plena época de cría da píllara das dunas. A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco recibe un importante revés. O Icomos pide anular os permisos da Xunta para a mina de Touro porque ameaza o Camiño de Santiago. Visto e prace do Estado á empresa que construirá a central reversible en Meirama. Isto e máis, en Radio Cerna!
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
Ancora nessuna recensione