Podcast Radio Cerna copertina

Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Di: Radio Cerna
Ascolta gratuitamente

Offerte di stagione | 0,99 €/mese per i primi 3 mesi

A seguire 9,99 €/mese – si applicano condizioni. Puoi disdire mensilmente.
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.© 2026 Radio Cerna Scienza
  • Boletín informativo ambiental 22/10/2026
    Oct 22 2026
    ADEGA acode á Valedora do Pobo pola proliferación ilegal e incontrolada de eucalipto favorecida pola neglixencia da Xunta. Unha mudanza da administración galega na Lei Urbanística podería facilitar a instalación da macrocelulosa de Altri na Ulloa. Centos de persoas voluntarias retiran 1 tonelada de lixo no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordou a paralización cautelar do parque eólico Estivada, promovido nos concellos de Agolada e Antas de Ulla. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 16/10/2026
    Oct 15 2026
    Unha nova campaña #TiPodesParalos procura fondos para frear nos tribunais unha liña de alta tensión que ameaza o patrimonio natural e cultural das bestas de Sabucedo. E en Lugo, ADEGA emprende a loita xudicial contra o desenvolvemento do Plan Parcial S5-I, que contempla urbanizar as nacentes do río Rato. A Comisión Europea outorga carácter estratéxico ao proxecto de mina de Cobre San Rafael nos concellos de Touro e O Pino, malia o rexeitamento veciñal e ecoloxista... E Altri agarda pola vitoria de Feijóo para se instalar na Ulloa. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Boletín informativo ambiental 09/10/2026
    Oct 8 2026
    ADEGA solicita para usos ambientais os 75.000 l/s que pretenden bombear Iberdrola e Naturgy na Ribeira Sacra. Máis de 900 participantes retiran 13 toneladas de lixo no marco da XIX Limpeza Simultánea de Ríos impulsada polo Proxecto Ríos. A Alianza Rural insta a mudar o Plano Forestal para acadar unha lei eficaz contra os incendios. Estas e outras novas da semana, en Radio Cerna! Tracks: Route 66 / Mechanical Music by https://www.fiftysounds.com
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
Ancora nessuna recensione