Episodi

  • Pleno extraordinario do 29 de outubro de 2026
    Oct 29 2026
    Sesión extraordinaria na que se aprobaron dous acordos principais. O primeiro foi unha modificación de crédito para incorporar 47.000 euros a unha das partidas do orzamento municipal, coa finalidade de sufragar as obras de mellora dos vestiarios no pavillón municipal. O segundo acordo centrouse en validar a participación de San Sadurniño na primeira fase do cuarto plan adicional da Deputación da Coruña, que achegará 209.000 euros, 100.000 para gasto corrente nesta primeira fase e outros 109.000 para investimentos na segunda, que se deberá aprobar antes do remate do ano e que, seguramente, irá dirixida á ampliación do local social de Santa Mariña do Monte.
    Mostra di più Mostra meno
    19 min
  • Pleno ordinario do 30 de xullo de 2026
    Jul 30 2026
    Sesión que levaba como dous únicos puntos relevantes a aprobación dos festivos locais de 2027 -Martes de Entroido e Santa Isabel- e dun proxecto financiado pola Deputación da Coruña para mellorar a iluminación pública en varios puntos de Santa Mariña, Naraío e Ferreira que quedaran fóra da grande intervención prevista polo Concello con apoio do IDAE.
    Mostra di più Mostra meno
    17 min
  • Pleno ordinario do 28 de maio de 2026
    May 28 2026
    Sesión do pleno na que, como principal asunto, quedaron aprobados inicialmente os orzamentos municipais de 2026, que superan os 3.9 millóns de euros.
    Mostra di più Mostra meno
    44 min
  • Pleno ordinario do 26 de marzo de 2026
    Mar 26 2026
    Sesión na que se aprobou unha modificación orzamentaria para acomodar a contía definitiva que achegará o Instituto da Transición Xusta para a mellora ambiental da Cortiña e do contorno da Casa do Concello. Tamén se tratou a adhesión de San Sadurniño ao convenio Xunta-Ecoembes para a recollida e tratamento de envases lixeiros e cartóns e, por último (en canto aos temas principais) tamén saíu adiante unha moción do PP enmendada polo BNG demandando medidas ante a problemática do lobo no rural.
    Mostra di più Mostra meno
    32 min
  • Pleno ordinario do 29 de xaneiro de 2026
    Jan 29 2026
    Primeira sesión de carácter ordinario de 2026, na que se aprobaron os proxectos e a distribución do POS+ da Deputación da Coruña, así como adicarlle o nome de Rosalía de Castro á rúa que discorre paralela ao CPI.
    Mostra di più Mostra meno
    1 ora e 24 min
  • Pleno extraordinario do 12 de xaneiro de 2026
    Jan 20 2026
    Sesión na que se abordou, como único punto, a aprobación do reparto dos fondos do POS+ ADI01/2026, coñecido como POS Social. Case 67.000 euros cos que se financiará persoal técnico, o reforzo do SAF e o programa de envellecemento activo "Xuntanzas na eira".
    Mostra di più Mostra meno
    4 min
  • Pleno ordinario do 27 de novembro de 2025
    Dec 3 2025
    Derradeira sesión ordinaria do ano 2025, na que se trataron dúas declaracións institucionais como principais temas. A primeira referiuse á demanda dun tren do século XXI para a comarca e a segunda estivo centrada nas reivindicacións con motivo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e nenas. Como curiosidade, todos os temas suxeitos a votación saíron aprobados por unanimidade.
    Mostra di più Mostra meno
    47 min