Románicas non Románticas copertina

Románicas non Románticas

Románicas non Románticas

Di: Románicas non Románticas
Ascolta gratuitamente

3 mesi a soli 0,99 €/mese

Dopo 3 mesi, 9,99 €/mese. Si applicano termini e condizioni.

A proposito di questo titolo

Benvid@s a "Románicas non Románticas"! 🌟 Mergúllate connosco nunha viaxe fascinante a través da Filoloxía Románica. En cada episodio, desvelamos os misterios do latín e a súa evolución nas linguas modernas como o español, o francés, o italiano e moitas máis. Exploramos a riqueza literaria, histórica e lingüística que estas linguas nos ofrecen, e como moldean a nosa forma de ver o mundo. Apaixónache a literatura? Intríganche as conexións culturais entre os pobos románicos? Queres descubrir como as palabras que usamos hoxe teñen raíces milenarias? Entón, este é o teu podcast. Acompáñanos e descobre como a Filoloxía Románica non só estuda o pasado, senón que tamén ilumina o noso presente e futuro. Non o perdas!
Copyright Románicas non Románticas
Scienze sociali
  • Episodio 12: Un domingo con...Elvira FIdalgo!
    May 4 2025
    Boa semana romanic@s! No noso podcast tratamos este domingo un tema un chisco diferente ao da semana pasada. Nesta ocasión centrámonos na lingüística, en concreto en principios da lingüística románica e na configuración das linguas romances. Acompáñanos a nosa profesora Elvira Fidalgo, experta neste tema! A lingua que falas conta cunha incrible historia detrás, escóitanos e...descubre unha nova porta ao mundo!
    Mostra di più Mostra meno
    42 min
  • Episodio 11: Un instrumento medieval...sempre actual!
    Apr 27 2025
    Benvid@s unha semana máis ao noso podcast! Nesta ocasión abordaremos unha cuestión musical, en concreto un instrumento: a zanfona. Sabias que posúe orixe medieval? Ademais, etimoloxicamente procede do latín SYMPHONIA 'concerto'. A nosa compañeira Andrea Mosteiro, do Grao de Galego, acompáñanos para empaparnos de sabedoría acerca da zanfona! Se queres aprender máis sobre a historia deste fermoso instrumento, escóitanos!
    Mostra di più Mostra meno
    34 min
  • Episodio 10: Un café con Tristán e Isolda
    Apr 13 2025
    Tristán e Isolda. Hoxe tomamos café con eles, esperando non beber a poción de amor... Pero de que estará feito este filtro? E cales son as diferenzas entre as versións medievais que transmiten a súa historia?
    Mostra di più Mostra meno
    24 min
Ancora nessuna recensione