Episodi

  • Falamos de educación inclusiva nas aulas en Radio Voz
    Oct 15 2026
    O programa Un café con Eva entrevista á técnica de formación, Chus Bello, para explicar o programa que están levando a cabo COGAMI e COCEMFE nas aulas de centros escolares sobre educación inclusiva.
    Mostra di più Mostra meno
    7 min
  • Un Café con Eva: falamos da campaña para captar xente nova
    Oct 13 2026
    A coordinadora do servizo de Emprego de COGAMI, Mª Carmen Ínsua, explica para Radio Voz en que consiste a campaña lanzada para captar talento de xente nova.
    Mostra di più Mostra meno
    15 min
  • Falamos de ConVive Rural na cadena SER Pontevedra
    Oct 13 2026
    Falamos para o programa La Ventana da cadea SER Pontevedra sobre ConVive Rural, que permite que tres persoas da comarca do Deza compartan piso e experimenten como vivir unha vida máis autónoma con apoios que necesitan. Anaïs Cornado explica en que consiste este programa.
    Mostra di più Mostra meno
    2 min
  • Falamos de artrite en Radio Voz
    Oct 1 2026
    O mes de outubro está dedicado á visibilización da artrite. Por iso Janeth Camino, da entidade ConArtrite de Santiago explica no programa de Eva Millán en que consiste esta patoloxía, como son os seus síntomas e que servizos ofrece a entidade
    Mostra di più Mostra meno
    13 min
  • Falamos das actividades náuticas de COGAMI en Radio Voz
    Sep 24 2026
    O programa Un Café con Eva de Radio Voz entrevista a Aroa Facal, da área de Lecer de COGAMI, para explicar como foi o programa GAVEA neste verán tan soleado para gozar das travesías pola ría de Camariñas. Ademais do GAVEA, Aroa tamén explica as actividades de navegación que se realizan nos clubs náuticos de Portonovo e Sanxenxo.
    Mostra di più Mostra meno
    10 min
  • Falamos do Día Mundial da Seguridade do Paciente en Radio Voz
    Sep 18 2026
    O programa Un Café con Eva entrevista á coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, Laura Quintas, para falar sobre as reivindicacións que as persoas con discapacidade orgánica visibilizan polo Día Mundial da Seguridade do Paciente.
    Mostra di più Mostra meno
    14 min
  • A asociación Íntegro fala do Festigual para Radio Voz
    Sep 10 2026
    Un Café con Eva entrevista á coordinadora da asociación Íntegro, Noelia Barreira, para falar sobre unha nova edición de Festigual, un punto de encontro entre persoas par gozar dun día de baile, música, festa, xantar, artesanía e lazos de amizade. Tamén se falou doutra actividade que están organizando en Carballo, unha xornada sobre discapacidade que terá lugar o 28 de novembro coa finalidade de visibilizar a realidade das persoas con discapacidade e sensibilizar á sociedade.
    Mostra di più Mostra meno
    15 min
  • X Solidaria en RNE
    Aug 25 2026
    As entidades do Terceiro Sector unímonos para presentar a campaña da X Solidaria, na que pedimos ás persoas contribuíntes que marquen o recadro 106 na declaración da renda, para que o 0,7 % do IRP recaia en actividades de interese social.
    Mostra di più Mostra meno
    1 min