Informativos Radio Estrada copertina

Informativos Radio Estrada

Informativos Radio Estrada

Ascolta gratuitamente

Vedi i dettagli del titolo

Offerte di stagione | 0,99 €/mese per i primi 3 mesi

A seguire 9,99 €/mese – si applicano condizioni. Puoi disdire mensilmente.
A proposito di questo titolo
No informativo de hoxe abrimos coa incidencia rexistrada na Praza do Concello da Estrada, onde a letra «T» do emblemático rótulo da vila sufriu un percance sen que houbese que lamentar danos maiores. Tamén contamos todos os detalles da presentación do cuarto vehículo eléctrico que o Concello pon a disposición da veciñanza dentro do servizo de mobilidade compartida. Ademais, coñecemos a nova edición de +Convivir, unha xornada con actividades para todas as idades que se celebrará este sábado na Estrada. Repasamos igualmente o sorteo realizado para designar os membros das 39 mesas electorais de cara ás eleccións do próximo 29 de novembro e facémonos eco da campaña municipal para fomentar o uso do contedor marrón e reducir os custos da xestión dos residuos. No ámbito económico e empresarial, falamos do obradoiro impulsado pola ACE da Estrada para aprender a emprender coa axuda da intelixencia artificial. E en materia sanitaria, informamos do inicio da nova campaña de vacinación contra a gripe para as persoas maiores de 60 anos e as embarazadas en Galicia. Nas comarcas, seguimos a busca dun veciño de Rodeiro desaparecido na feira de Monterroso, achegámonos á homenaxe a Neira Vilas en Vila de Cruces e repasamos o programa das festas de San Martiño en Teo. Nos deportes, escoitaremos a entrevista con Miguel Pereira, que pon fin á súa brillante traxectoria no culturismo natural tras conquistar sete títulos mundiais e nove campionatos de España. Ademais, analizamos a destacada actuación do Club Atletismo A Estrada no Cross Ponte Romana.
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
Ancora nessuna recensione