Informativos Radio Estrada copertina

Informativos Radio Estrada

Informativos Radio Estrada

Ascolta gratuitamente

Vedi i dettagli del titolo

Offerte di stagione | 0,99 €/mese per i primi 3 mesi

A seguire 9,99 €/mese – si applicano condizioni. Puoi disdire mensilmente.
A proposito di questo titolo
Neste informativo de hoxe, coincidindo coa celebración do Día de Defuntos, abrimos lembrando unha xornada dedicada á memoria dos seres queridos que xa non están entre nós, despois dunha fin de semana marcada polas visitas ós cemiterios, as flores e os recordos. Entre os principais asuntos da actualidade, falamos do xuízo que celebrará mañá a Audiencia de Pontevedra contra tres persoas acusadas de vender cocaína na Estrada, dos roubos reiterados no cemiterio de San Paio que provocaron a indignación das familias, e da recuperación do histórico acueduto de Leira tras unha importante intervención patrimonial. Ademais, abordamos a mellora de viarios en Callobre, a prórroga do contrato para a lectura dos contadores da auga, o sorteo das mesas electorais para os comicios do 29 de novembro, a reapertura dos permisos de queimas agrícolas e forestais e a incorporación dun novo funcionario á Policía Local estradense. Tamén destacamos o recoñecemento a Codeseda Viva co Premio Raíces do Rural, os cambios nas datas dos Premios San Martiño e do espectáculo de Yllana, e o éxito de participación do Samaín na Estrada durante toda a fin de semana. Na información comarcal repasamos, entre outros asuntos, a despedida en Cerdedo-Cotobade de María del Carmen Vázquez, falecida no accidente ferroviario de Toledo; unha detención por un presunto caso de violencia de xénero en Lalín; unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas en Silleda; e a creación dunha senda peonil en Forcarei cun investimento de 570.000 euros. No apartado deportivo, analizamos o empate do CD Estradense en Cangas fronte ó Alondras CF (1-1), repasamos toda a xornada de fútbol e fútbol sala da comarca e achegámonos á despedida do culturista estradense Miguel Pereira Pola, que pecha a súa carreira cun impresionante palmarés de sete títulos mundiais.
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
Ancora nessuna recensione