Informativos Radio Estrada copertina

Informativos Radio Estrada

Informativos Radio Estrada

Ascolta gratuitamente

Vedi i dettagli del titolo

Offerte di stagione | 0,99 €/mese per i primi 3 mesi

A seguire 9,99 €/mese – si applicano condizioni. Puoi disdire mensilmente.
A proposito di questo titolo
️ O fume volve protagonizar a actualidade en Galicia. Coa reactivación das queimas agrícolas e forestais, as columnas de fume e o cheiro a queimado deixáronse sentir en numerosos puntos do territorio. Abrimos o informativo lembrando a importancia da prudencia e repasando tamén o balance da campaña de incendios presentado pola Consellería do Medio Rural. ️ Ademais, nos titulares locais falamos da polémica arredor do punto limpo da Estrada e das súas normas de uso, da futura subida das tarifas de Sogama, da evolución da situación hídrica no municipio, das obras de mellora da estrada EP-7001 cara Forcarei e da apertura do prazo para solicitar parcelas a través do Banco de Terras de Galicia. Completan a actualidade a exposición fotográfica organizada por Mulleres que Poden con motivo do Día Mundial do Urbanismo, a cancelación definitiva do desfile de Samaín da ACOE e a celebración do Magosto de Matalobos. No bloque comarcal abordamos o ingreso na UCI dun excursionista tras un accidente en Cuntis, a localización en bo estado do octoxenario desaparecido en Monterroso, un accidente de tráfico en Lalín, o proxecto de recuperación da aldea abandonada de Remesar e a recuperación do Premio de Relato Curto Nélida Piñón en Cerdedo-Cotobade.
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
Ancora nessuna recensione