Día Mundial da Meteoroloxía copertina

Día Mundial da Meteoroloxía

Día Mundial da Meteoroloxía

Di: Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo
Ascolta gratuitamente

Offerte di stagione | 0,99 €/mese per i primi 3 mesi

A seguire 9,99 €/mese – si applicano condizioni. Puoi disdire mensilmente.

Dende a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo presentamos unha serie de 5 podcasts para celebrar e conmemorar o Día Mundial da Meteoroloxía, 23 de marzo de 2023.

Esta actividade non sería posible sen a colaboración do persoal investigador do Centro de Investigación Mariña (CIM), protagonistas das pezas.

A acción encádrase dentro do plan anual de actividades da UCC+I 22-23 "Ciencia de Ida e Volta" que conta co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - FECYT.

Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo
Scienza Scienze biologiche
  • Extremos climáticos
    Mar 22 2023

    Nesta última peza da serie de podcasts polo Día Mundial da Meteoroloxía achegámonos de novo ao estudo de extremos climáticos, esta vez, centrándonos na nosa comunidade Galiza e especialmente, na conca do río Miño xunto con Diego Fernández Novoa e Rubén Varela Rodríguez docentes do departamento de Física plicada e investigadores do grupo EphysLab do Cim-UVigo.

    Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - FECYT.

    Mostra di più Mostra meno
    24 min
  • Proposta de avances para a obtención de datos de vento a alta resolución espacial
    Mar 22 2023

    Estreamos esta serie polo Día Mundial da Meteoroloxía con Ramiro Varela Benvenuto profesor titular do departamento de Física Aplicada e investigador do Grupo Gofuvi do Cim-UVigo. Vai contarnos sobre os estudos relacionados co vento a alta resolución, as dificultades que hai para a súa medición e os beneficios que traería consigo.

    Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - FECYT.

    Mostra di più Mostra meno
    19 min
  • Fenómenos meteorolóxicos extremos e cambio climático
    Mar 22 2023

    Descubre como o estudo do clima do pasado afecta á situación actual e o futuro do cambio climático e as novas ferramentas para estudar os fenómenos extremos, con Gianluca Marino, investigador do grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental (Geoma) do Cim-UVigo.

    Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - FECYT.

    Mostra di più Mostra meno
    20 min
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
Ancora nessuna recensione